
A Plaza Arquitecto Antonio Palacios contou cunha carpa na que os veciñ@s poideron comprobar a súa saude renal
Porriño sumouse hoxe á celebración do Día Mundial do Ril que este ano convocouse baixo o lema “Salud renal para todos en todos lados”.
Os veciñ@s que se achegaron esta mañán á carpa habilitada na praza Arquitecto Antonio Palacios, poideron obter información sobre o seu estado renal mediante os test que gratuitamente fixo o personal facultativo, así coma a súa posterior valoración polos especialistas presentes.
Esta acción preventiva e divulgativa correu a cargo da “Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo” en colaboración co Concello de Porriño. A directora xeral da devandita Fundación, a doctora Blanca Miranda, desprazouse ata nosa vila para participar neste acto divulgativo.
A doctora Miranda explicoulle á alcaldesa Eva García os pormenores das probas preventivas que se estiveron a facer, e o alcance da campaña que a Fundación desenrola.