Redacción 14/03/2019

Mabel Lozano insta ós homes a ser proactivos contra a prostitución e a trata

 

 

A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numero público asistente á proxeción celebrada no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M Día Internacional da Muller.

Previamente á proxección, a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, tomou a palabra para honrar a Mabel Lozano “polo seu compromiso coas mulleres, en suma co 52% da poboación”. A máxima responsable da institución provincial manifestou “como cargo público que son, opóñome á posible legalización da prostitución, por certo o tercer negocio que máis cartos xenera no mundo detrás do narcotráfico e a venda de armas”, engadiu.

A alcaldesa Eva García, campaña “As Mulleres fan Porriño”, suscribiu as palabras da presidenta da Deputación, lembrando o acontecido o pasado venres 8M. Recordou que unha das intervintes no acto institucional ante o Concello, refiriuse a existencia de “puticlubes” no entorno de Porriño. Esa veciña dixo que “alomenos a metade dos homes de Porriño colaboran coa escravitude dos puticlubes”.

A alcaldesa sinalou que a afirmación desa veciña “non ten base científica” pero resulta evidente que a presenza deses locais indica que hai demanda”, precisou Eva García quen invitou ós homes a “non apoiar coa sua asistencia a eses locais, a cosificación e humillación desas mulleres”.

Nesa mesma liña Mabel Lozano, que interviu ó final do filme, aportou un dato oficial do Goberno de España: “estadísticamente está confirmado que o 40% dos homes, e decir oito millóns e medio de españois, consumen sexo de pago”. Polo que Mabel Lozano apelou ó 60% restante dos homes a “ser proactivos en contra da trata de mulleres e a prostitución”.    

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad