
Prantaranse un total de 600 árbores autóctonas a través de voluntariado
O vindeiro sábado 16 de marzo, entre as 10 e as 14 horas terá lugar unha xornada de reforestación nos montes comunais da parroquia de Picoña, a máis afectada pola vaga de lumes do 2017 no Concello de Salceda de Caselas.
A reforestación levarase a cabo mediante voluntariado, que se pode anotar xa por correo electrónico en rsc@abanca.com, ou presencialmente na Casa da Cultura Castelao de Salceda de Caselas.
Na xornada prantaranse ata 600 árbores autóctonas, e será posible grazas ao traballo conxunto da Comunidade de Montes de Picoña e o Concello de Salceda, a través do programa
de reforestación financiado por Afundación, a obra social de Abanca. Tamén a Deputación de Pontevedra participa no proxecto a través do Plan Revitaliza, xa que na prantación se
empregará o compost recollido nos diferentes composteiros de Salceda.
Concello e Comunidade de Montes márcanse como obxectivo reunir a 100 persoas voluntarias para esta acción de grande importancia, e lembran que o punto de encontró para o sábado 16 será o Centro Cultural de Picoña.