
Coa rúbrica deste convenio o Círculo Recreativo e Cultural cede as súas instalacións para eventos municipais
O Concello do Porriño, da man da súa alcaldesa, Eva García, firmou coa presidenta do Círculo Recreativo e Cultural, Mª José Giráldez, a renovación do convenio anual de colaboración entre ámbalas dúas entidades.
A firma realizouse no despacho da Alcaldía e revalida o convenio para o presente exercicio de 2019 por un importe de 20.000 €. A achega económica do Concello prodúcese pola cesión das instalacións do Círculo, para acoller actos da programación municipal como está a ocurrir nesta semá, con algúns dos eventos programados na campaña “As mulleres fan Porriño”.
De cara a 2020, a alcaldesa Eva García tratou con María José Giráldez, a presidenta do Círculo a posibilidade de ampliar a achega económica municipal.