
Ás 21.30h presentan “Senior” baixo a dirección de Avelino González
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de marzo, ás 21.30 h a Culturactiva de Santiago de Compostela, que presenta “Senior”.
Avelino González dirixe o elenco conformado por Luís Iglesias e Marcos Orsi nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.
“Senior” achéganos unha reflexión en clave de humor, ríndonos de nós mesmos, sobre a chegada ao medio século. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos, ao longo de 70 minutos, rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de marzo ás 12.00 h, ou o venres dende ás 20.00 h no despacho de billetes, aos prezos de 6 € e 5 €.