
Os premiados das tres categorías recibirán tarxetas de regalo Morea de entre 50 e 150 €
A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño -Acipor-, a través do Centro Comercial Aberto Morea, organiza un concurso de disfraces no que haberá tres categorías:
– Categoría Infantil: Mellor disfraz infantil para nen@s menores de 16 anos, dotado cun premio consistente nunha tarxeta regalo de 50 €.
– Categoría Adulto: Mellor disfraz individual para persoas maiores de 16 anos. Como premio unha tarxeta regalo de 50 €.
– Categoría Grupo: Mínimo 4 integrantes que se repartirán unha tarxeta regalo por valor de 150 €.
As traxetas regalo de Morea poderán consumirse nos establecementos do municipio asociados a Acipor.
Para poder participar no concurso, o interesado deberá ir Facebook do CCA Morea e indicar “Me gusta”, para de seguido marcar a casilla “seguir”; agora só queda enviar por mensaxe privada unha imaxe disfrazad@s, xunto co enderezo e datos de contacto.
Para os participantes neste concurso menores de 18 anos, será obrigatoria unha autorización dos pais ou tutores para a publicación da fotografía nas redes sociais.
O prazo remata o vindeiro xoves 7 de marzo, e xusto un día despois, o venres 8, será un xurado o que escolla e comunique os premiad@s.