Redacción 16/02/2019

O Concello do Porriño instala un quentador de auga e un sistema de calefacción

No inverno os rapaces pasaban tanto frío que tiñan que estar co abrigo posto na clase

 

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, vén de visitar a Escola Unitaria de Mosende onde o Concello colocou un quentador de auga e un sistema de calefacción.

A escola, subliña a alcaldesa “carecía de calquera instalación para que as nenas e nenos estivesen quentes”. En menos dunha semana o Concello dispuxo os mesmos, investindo uns 6.000 €, e “agora os pequenos xa no pasan frío xa que mesmo tiñan que estar na clase cos abrigos e as cazadoras postas e non podían nin lavarse as mans porque a auga saía conxelada da billa”.

A actuación na Escola Unitaria de Mosende é outra máis das accións de mellora e arranxo que acomete o Goberno local nos centros de ensino do Porriño. A finais de agosto, a alcaldesa supervisara persoalmente o remate dos traballos de reforma e mellora da Escola Infantil A Galiña Azul de Torneiros, nas que o Concello investiu 37.577,53 €

As obras abrangueron a retirada do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación da caneta posterior e do comedor; a demolición de varios tabiques; a eliminación das filtracións de auga; arranxo oe muro de contención do xardín de xogos; substitución do pavimento; colocación dun novo pechamento metálico na entrada; amaño do xardín e o céspede; substitución dos zócolos; reparación de xogos, elementos e bambáns; pintado das varandas, selado de fiestras ou a limpeza das fachadas cun tratamento de auga a presión.

Do mesmo xeito, impulsou as obras de mellora da cuberta e dos baños do centro CEIP Plurilingüe de Atios, cun orzamento de 15.000 €.
“Todos estes traballos foron asumidos polo Concello na súa totalidade maila que as competencias, exclusivas, en materia de Educación son da Xunta de Galicia”. Eva García de la Torre insiste na necesidade, como fixo durante todo este mandato, de que o Goberno galego se faga cargo do arranxo das fendas dos centros de ensino públicos do Porriño, “cumprindo coa súa obriga”.

Neste eido, a rexedora reitera que, logo de pedir reiteradamente a construción dunha nova gardería e un novo colexio “á vista do estado do CEIP Fernández López”, a Xunta destina nos ‘cero euros’ a estas demandas nos seus orzamentos para 2019, aínda máis, conclúe a alcaldesa, “tampouco contempla partida algunha dos 50.000 € demandados polo Goberno do Porriño para os comedores escolares”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad