Redacción 13/02/2019

Brais Díaz do Club CRC Porriño xunto a outros xogadores da provincia veranse as caras cos mellores deportistas desta disciplina a nivel nacional 

 

Samuel Pereiro Costas, propietario de ALWAYS T.M. en Sanguiñeda, acompañará como Adestrador Nacional de Tenis de Mesa, ao xogador da categoría benjamín Brais Díaz, do Club CRC Porriño -clasificado en 3º posto no Torneo Zonal da Estrada e o 15º no Ránking español- para participar no Torneo Estatal que terá lugar do 15 ao 17 de Febreiro no Pavillón de Pisuerga (Valladolid).

Neste encontro deportivo atoparanse os mellores xogadores benjamines de España, en competición individual por grupos segundo Ránking, e eliminatorias os mellores dos grupos.

Outr@s xogadores que adestran en ALWAYS T.M. clasificad@s para participar en Valladolid son Sara Alfaro do Club Cinania TM de Cangas e Lucía Vidal do Club Monte Porreiro de Pontevedra, ambas na categoría Benjamín; e os xogadores na categoría Senior David González, do Club Helios Bembrive de Vigo e na categoría veteranos, José Ramón Fernández Cora do Club Mercantil de Vigo.

No Torneo Estatal estarán @s 48 mellores xogadores do Tenis de Mesa español en cada categoría -Benjamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, Sub 23, Senior, Veteranos e Discapacidade-, que conseguiron a clasificación nos Torneos Zonais e Torneo Nacional previos, que tiveron lugar nos meses de Novembro e Decembro de 2018, en varias localidades de España.

No local do Tenis de Mesa de ALWAYS TM, o Adestrador Samuel Pereiro Costas dispón dunha instalación única en Galicia, exclusivamente para a práctica de Tenis de Mesa, cunha pista de 500 m2 de chan especial para este deporte e conta con 8 mesas de competición. O local conta con baños e vestiarios, oficina, almacén, zona de espera con máquinas vending e aparcadoiro.

O Tenis de Mesa como deporte social, mellora a coordinación, desenvolve agudeza visual, mellora equilibrio e os reflexos, axuda nas articulacións, estimula e mantén activo o cerebro, queima calorías e é recomendable para persoas maiores e con discapacidade.

Always TM é un centro de Tenis de Mesa, onde ofrecen cursos de adestramentos con clases de 90 minutos por día, para todas as idades (descontos para menores de 13 anos), niveis e clubs (iniciados, afeccionados e federados) con adestradores de título nacional, robot multibolas, gravación en cámara pro e pantalla interactiva de 65 pulgadas. Para o público xeral dispoñen de alugueres con prezos por mesa, tempo de uso e material, con reserva por teléfono no número 667910775 ou a través da páxina web (www.alwaystm.com).

Contan con ofertas como alugueres gratuítos coa tarxeta de fidelidade, e a posibilidade de organizar aniversarios. Tamén contan con Tenis de Mesa Fitness, Adaptado e Baby Ping. Ademais organizan Torneos Internacionais e Nacionais para todos os niveis individuais e equipos, Torneos Escolares, afeccionados e empresas.

Teñen en marcha a liga Local Always TM, aberta a todas as idades por grupos de nivel, con fases de duración mensual e con inscrición aberta antes do día 20 de cada mes. O Local Always TM esta aberto de Luns a Sábado de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 23.00 h; e o domingo de 10.00 a 14.00 h.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad