
A Concellería de Emprego, por terceiro ano consecutivo, activa o programa “Porriño Accede” dirixido a veciñ@s en situación de desemprego
A Concellería de Emprego e Formación do Concello do Porriño, dirixida por Soledad Girón, pon en marcha por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego “Porriño Accede”, dirixido a veciñ@s do Porriño en situación de desemprego.
“Porriño Accede” ten como obxectivo mellorar as posibilidades de atopar un traballo dos desempregad@s do Porriño; e para iso dirixe accións formativas deseñadas polas empresas, que incorporan prácticas non laborais. Trátase de mellorar as competencias profesionais e contribuír á inserción dos usuarias e usuarios no mercado laboral.
Para formar parte do programa ‘Porriño Accede’, abrirase un rexistro de persoas interesadas, que serán informadas e seleccionadas no momento previo á execución dos cursos. Deberase acudir ás oficinas do Multicentro Torneiros, cumprimentar un formulario de inscrición e aportar a tarxeta de demandante de emprego actualizada.