Dos campionatos celebrados a pasada fin de semana o equipo mosensetrouxo para a casa un ouro, unhaprata e dous bronces
Carlos Martínez Crespo erixiuse Campión Provincial Sub-14, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles
Unha vez máis o Club Xadrez Mos erixiuse como un dos mellores equipos pontevedreses ao remate dos Campionatos Provinciais de Pontevedra, disputados a pasada fin de semana (19-20 Xaneiro) no Auditorio Municipal de Vilagarcía.
Tratouse dunha das edicións con maior participación dos últimos anos, reuníndose un total de 299 xogadores chegad@s de todos os recunchos da provincia de Pontevedra. Este ano a expedición mosense estivo novamente presente, aumentando o número de representantes con respecto á pasada edición; un total de 37 xogadores do Club Xadrez Mos (de todas as categorías) loitaron por situarse entre os mellores xadrecistas da provincia.
Os resultados do Club foron moi exitosos en xeral e ademais lograron traer catro medallas para casa: un ouro, unha prata e dous bronces. Os metais acadáronos xogadores das categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Sub 16.
Na categoría Sub-10, 4 deles finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Mención especial á actuación de Javier del Valle Crespo, finalizando en 2º posición, tras loitar polo título de Campión Provincial ata a última rolda.
Na categoría Sub-12, 3 xogadores mosenses lograron clasificarse entre os 10 mellores xogadores do torneo. Mención especial ao torneo realizado por Óscar Fernández Sanjuán, finalizando en 3º posición.
Moi destacada tamén a actuación dos Sub-14, xa que dos 7 participantes, 5 deles finalizaron entre os 10 primeiros postos. Titánico Carlos Martínez Crespo, Campión Provincial, finalizando con 5.5 puntos dos 6 posibles.
Seguindo a liña dos Sub-14, moi bo rendemento dos Sub-16, nunha categoría cun nivel de xogo moi elevado. 3 dos 6 representantes do Club Xadrez Mos finalizaron entre os 10 primeiros clasificados. Destacada a actuación de Antonio Álvarez Pampillón, finalizando en terceira posición.
Representantes da directiva do Club declararon sentirse “moi orgullosos de tod@s @s xogadores que un ano máis están a situar ao Club Xadrez Mos, entre un dos mellores da Provincia de Pontevedra”. Así mesmo animáronos a“seguir traballando e gozando da nosa paixón que é o xadrez”.