Redacción 22/01/2019

Con esta nova asignación elévanse a máis de 100.000 m2 de solo empresarial consignados no municipio con bonificacións de prezo e adxudicados en dereito de superficie

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou unha parcela de solo empresarial, con prezo bonificado, no parque empresarial da Veigadaña, no Concello de Mos.

O Consello de administración da empresa pública Xestur ven de adxudicar unha parcela de 2.127 m2 do parque empresarial de Mos, cun prezo de venda de 241.201,80 € despois de aplicar unha bonificación de máis de 103.000 €.

Grazas as bonificacións no prezo do solo empresarial aplicadas pola Xunta e á adxudicación en dereito de superficie, no parque empresarial de Mos adxudicáronse máis de 104.000 m2 de solo empresarial.

Dese total, preto de 19.000 corresponden a parcelas adxudicadas en dereito de superficie, polo que as empresas adxudicatarias so pagan un canon anual reducido do 1,5% do prezo de venda das parcelas nos dous primeiros anos. O canon pasa ao 2,5% no terceiro e cuarto ano e ao 3,5% no quinto e sucesivos, tendo as empresas a posibilidade de mercar as parcelas, con descontos no prezo de venda durante os dez primeiros anos da adxudicación.

Polo m2, con bonificacións por importe de preto de catro millóns de euros e un prezo de venda, unha vez descontada a bonificación, de 9,1 millóns de euros. A bonificación aplicada no prezo das parcelas do parque empresarial de Mos é do 30%.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad