Redacción 19/01/2019

Este domingo pola mañá o Pavillón Álvaro Pino acollerá a primeira xornada da copa de promoción de bádminton “Xogade”

 

 

A concellería de Deportes do concello de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, convida a toda a cidadanía a participar nna primeira xornada da Copa de promoción de bádminton “Xogade” que terá lugar este domingo día 20, a partir das 09:00 h e ata as 14:30 h.

Serán oito xornadas deportivas que se desenvolven en diferentes sedes, Vigo, Salceda, Tui, Crecente, Marín e Ponteareas. 

Nestas xornadas deportivas haberá modalidade individual ou dobres en todas as categorías, benxamin, infantil, alevín e cadete. 

Esta primeira xornada será no Pavillón Alvaro Pino organizada polo Servicio de Deportes Provincial da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Ponteareas, Adeconpar e o Club Bádminton Ponteareas.

As inscricións serán gratuitas e todos e todas as interesadas poderán facelas no enderezo electrónico: copa.bad.pontevedra@gmail.com

Benito Márquez agradece o traballo do Club Bádminton Ponteareas e en especial de Victor Lemos, o seu presidente, “quen está desenvolvendo un traballo espectacular para a difusión e promoción dun deporte minorizado como é o bádminton”.

Márquez tamén agradece o apoio da delegación provincial de Deportes que brindan a oportunidade de desfrutar dunha xornada na que promocionar esta modalidade deportiva e facilitan aos xogadores unha oportunidade para desputar partidos e medir as súas forzas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad