
O concello delimita provisionalmente o acceso para proceder a súa reparación
Á espera do permiso da dirección xeral de patrimonio, a concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, procederá a delimitar de xeito provisional o entorno da fonte do Baratillo para que non entrañe ningún risco para a cidadanía.
O muro que delimita esta céntrica fonte foi danado cando un vehículo impactou de madrugada deprazando a varanda granítica perimetral que acabou derrubada debido ao impacto.
Mentres non chega a autorización de patrimonio para volver colocar as pedras orixinais cun camión grúa, a Concellería de Vías e Obras sinalizará a zona como medida preventiva.