Redacción 18/01/2019

Chus Garrote mantivo unha reunión cos veciños de Bugarín para analizar a situación da PO-254 (Ponteareas-Mondariz) debido á falta de planificación da Xunta de Galicia

 

 

As sospeitas do Partido Socialista de Ponteareas e de Chus Garrote materializáronse o xoves pola mañá materializáronse o xoves pola maña  cando os técnicos  e o enxeñeiro da Xunta de Galicia recoñecen que o pintado de Prado ten que ser eliminado e que ante a demanda  verbal e escrita da concelleira de vías e obras, Chus garrote, os carrís  de incorporación de Bugarín só se deben facer si se complementa conxuntamente coa obra civil que consiste en ampliar os arcéns, xa que as dimensións non acadan as dimensións óptimas que garantirían a seguridade na PO-254 (Ponteareas-Mondariz).

Neste senso, Chus Garrote, tras analizar en persoa a situación da PO-254, xunto cos responsables de infraestruturas da Xunta de Galicia, acordouse que para o pintado das novas raquetas de incorporación era preciso levar a cabo obra civil. “Para min, aínda sabendo que estes carrís de espera son necesarios, non podemos permitir que se fagan sen antes realizar unha necesaria ampliación dos arcéns. Tal e como o quería facer agora a Xunta de Galicia, nin os peóns nin os ciclistas estaban seguros” explica  Chus Garrote.

Por outro lado, a candidata socialista e tenente de alcalde mantivo unha reunión aberta cos veciños de Bugarín o pasado xoves á noite para escoitar e explicar aos veciños a situación prevista pola Xunta nas conexións coa estrada da igrexa e da Freixa, así como para aportar propostas de mellora da seguridade viaria e outras medidas a adoptar.

Foi precisamente Chus Garrote quen declarou ante os medios que “lamenta que os veciñ@s teñan que sufrir a falta de planificación ou a falta de respeto institucional da Xunta de Galicia incluída a falsa promesa electoral da señora Belén Villar, posto que si se nos houbese consultado ao goberno municipal con antelación, todo isto podería haberse  evitado e chegado a unha solución eficaz, tal e como demandan os veciñ@s das parroquias.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad