Representantes de ambas entidades reuníronse este luns no salón de sesións da Casa Consistorial mosense
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, a edil mosense de Urbanismo e o arquitecto municipal reuníronse onte no salón de sesións do Concello con representantes do Círculo de Empresarios de Galicia; entre os que se atopaban a súa presidenta, Patricia García González; o director, Víctor Jáuregui; o coordinador do Foro de Loxística e Transporte do Círculo e presidente da empresa KaleidoLogistics, Juan Martínez; Rita Cal da empresa Logidigal e David Sobral Pidre, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais.
O obxectivo da xuntanza foi explorar posibles vías de colaboración en relación coa optimización do aproveitamento do solo industrial do Concello de Mos. Dende o Círculo de Empresarios de Galicia manifestáronlleaos representantes municipais a súa “preocupación polaescaseza de solo industrial na Comunidade Autónoma galega e as condicións nas que se pon á disposicións das empresas o solo existente” e propuxeron como vía para a activación do solo industrial “a promoción, desenvolvemento, mellora e optimización do solo industrial existente”.
Dende o Círculo destacaron que “as características do solo industrial de Mos convérteno nun motor potencial para a expansión e desenvolvemento económico da área, fomentando a creación de emprego estable e de calidade, atraendo novas empresas, xerando riqueza e, en definitiva, mellorando o benestar económico e social”. Neste sentido salientaron a ubicación xeográfica do municipio e a súaproximidade con Portugal “supoñendo unha posible alternativa para aquelas empresas que están a considerar a posibilidade de implantarse no país veciño e evitando a fuga de empresas galegas ao mesmo, que actualmente supoñen o 50% da ocupación dos parques industriais do norte de Portugal”.
Da reunión extraéronse xa os primeiros pasos da estratexia de colaboración consistentes na organización dun Foro sobre Parques Insdustriais e Emprego en Mos a celebrar na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, na intermediación e apoio do Concello de Mos ao Círculo na Xunta de Galicia para que a administración autonómica facilite, axilice e simplifique os trámites administrativos necesarios para a implantación dunha empresa, a organización dun foro conxunto cos demais concellos da área no que cada municipio expoña as súas accións en materia de promoción empresarial e emprego e se busquen puntos de encontro entre todos; e xestións para solicitar a rebaixa e incluso liberación total da peaxe (para transportistas e particulares) nas autopistas –tanto AP-9 como autopista a Porriño-.
Tamén se abordou, por último, o posible futuro acceso directo dende a A-52 ao Parque Empresarial PEMOS Veigadaña.