Redacción 13/01/2019

O grupo da oposición mosense advirte do perigo das obras para os que circulan por este tramo

 

Hai case cinco anos, Arévalo xunto ca ministra de Fomento -no seu día- fixeron “in situ”, unha simulación de como quedaría a futura rotonda na saída da A55 en San Eleuterio.

Naquel día prometeron, ademais dunha execución inmediata, que dita rotonda ía satisfacer todas as necesidades da veciñanza.

Pois cinco anos despois da anunciada execución inmediata, é decir tras cinco anos de burla continuada ao pobo de Mos, podemos contemplar está actuación e enumerar todas as súas deficiencias. Unha construcción moi lonxe do anunciado sen que mediara alegación ou protesta coñecida do goberno municipal de Arévalo.

A rotonda carece na súa totalidade de beirarrúas nin arcéns transitables e sin un só paso de peóns. Os desmontes están sen asegurar. Os vieiros que entroncan chegan cun trazado moi forzado, sendo un risco para a seguridad vial pola súa sinuosidade e cambio de rasante.

Preguntamos no último pleno por estas deficiencias e por as accións do goberno municipal para solucionalas. Pero unha vez máis obtivemos a calada por resposta, desentenderonse do asunto alegando que era competencia de Fomento. Como se Arévalo non bendecira o proxecto hai cinco anos cando o presentou, como se nestes cinco anos transcorridos, o goberno municipal non poidera ter feito alegacións solicitando unha mellora das prestacións de dito distribuidor de tráfico.

Non está demais lembrar que daquela, hai cinco anos Arévalo e Pastor, tamén anunciaron melloras no propio trazado da autovía para reducir a siniestralidade, que ata o de agora, non foron realizadas. Toda a actuación limitouse, a parte da rotonda de San Eleuterio, a alongar tres carrís de entrada ou saída.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad