Redacción 12/01/2019

Proxectaranse 21 películas repartidas entre as fins de semana do 19 de xaneiro e o 31 de marzo no Salón da Casa de Cultura

 

 

O programa “Inverno de cine” é o ciclo gratuíto da concellería de Cultura de Salvaterra de Miño que ofrece 21 películas as fins de semana con sesións  os sábados ás 22.00 h e os domingos ás 17.00 h, entre o 19 de xaneiro ao 31 de marzo, no Salón da Casa da Cultura de Salvaterra.

“Inverno de cine”,novo proxecto de ocio e cultura, está enfocado a toda a poboación, maiores, cativos, familias, grupos de amigos ou simplemente a esa persoa que busca unha alternativa diferente e de balde.

Para poder ofrecer cine, o Concello de Salvaterra dotou a Casa da Cultura dunha infraestrutura específica para acoller este novo proxecto. Así nos últimos meses instalouse unha pantalla de gran formato (5 m), modernizouse o equipo de son e renováronse as cadeiras do salón con 200 novos lugares, co fin de ofrecer a máxima comodidade posible.

Agora con este Ciclo gratuíto de Cine, o Concello de Salvaterra busca ser un referente na contorna e dar unha nova opción de ocio aos nosos veciñ@s. En”Inverno de cine” atópanse as últimas estreas coas películas máis recomendadas do ano 2017. Os xéneros van dende o drama, pasando pola animación, ciencia ficción, acción, comedia dramática, fantasía, suspense, comedia e aventura; con directores como Woody Allen, Timothy Reckart, Rian Johnson, Álex de la Iglesia, Isabel Coixet, Vicente Villanueva…, entre outros.

A primeira película que abrirá este ciclo”Inverno de cine”o próximo sábado 19 de xaneiro vai ser un drama dirixido por WoodyAllen, ás 17.00 h,”Wonder Wheel”, que nos trasladará aos anos 50 en Nova York. O domingo está enfocado aos mais cativos coa proxección da película “Se Armó el Belén”, unha animación familiar dirixida por Timothy Reckart.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad