Trátase do da Fase I de Torneiros e o do Centro Social e Cultural de Atios
As restauracións dos parques contaron cun investimento de preto de 90.000 €
O Concello do Porriño, a través da Alcaldía, segue adiante coa reforma e o arranxo dos parques infantís do Porriño que, nalgún caso “ou ben estaban obsoletos ou en moi mal estado ou totalmente abandonados dende hai anos” sinala a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Dous deles están xa rematados, son os do Centro do Centro Social e Cultural de Atios, ao que o Concello destinou un orzamento de 40.000 €, e o da Fase I de Torneiros, que contou cun investimento de 48.176,11 €.
O de Atios,no que os traballos empezaran o pasado mes de novembro, dispón dunha nova pista ‘polideportiva’ para a práctica de fútbol, balonmán ou baloncesto; novos bambáns, na zona infantil, que conta cun nova chan de chan de caucho para garantir a seguridade das cativas e cativos, e un parque de actividade biosaudábel para adultos.
No caso da Fase I de Torneiros, “foi precisa unha reforma integral”, subliña a alcaldesa, “á vista do seu total deterioro e abandono dende hai moitos anos, coma denunciaran as veciñas e veciños”.
Neste caso fíxose, practicamente, unha nova ‘soleira’ de formigón; colocáronse planchas de caucho; retiráronse e renováronse os xogos e bambáns; acometeuse unha reparación “completa” de fendas e crebas; aplicouse na súa totalidade un novo revestimento, colocouse unha varanda de aceiro inoxidábel, .
Nas vindeiras semanas, subliña a rexedora, procederemos a habilitar unha zona reservada a pista de skate na que se establecerá un horario de uso para non causar molestias aos veciños.
A alcaldesa adianta que esta iniciativas terán continuidade nas vindeiras semanas noutros parques da vila e súmanse ás xa realizadas no Parque da Urbanización do Sol, no investíronse preto de 22.000 € para arranxar todos os bambáns, colocar un deles para persoas con diversidade funcional e a instalación dun chan de caucho.
Tamén rematouse o do Campo da Feira, que contou cun orzamento de 4.173 €; o Parque Lamazares, detrás de Correos, no que se cambiaron os seus elementos investindo 4.655 €; o de San Diego, no que ademais colocouse un chan de caucho continuo, logo de facer unha inversión de 1.952 € e o de Torneiros no que, cun investimento de 9.181 €, ademais dos distintos xogos, se arranxaron os bancos, as varandas, o valado de madeira e adaptouse para persoas con diversidade funcional.