Redacción 13/12/2018

Plantéase a radicación de novas empresas no polígono e a apertura da demandada gardería infantil no mesmo

 

Este mércores, nas oficinas da Zona Franca, celebrouse unha xuntanza de especial relevancia para o Polígono da Granxa entre a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre; o delegado do Consorcio, David Regades; a directora de Promoción Económica do Consorcio, Rosa Eguizábal; o presidente da entidade urbanística do Polígono da Granxa, Indalecio Cuevas; e o xerente desta entidade, David Sobral.

Durante o encontro analizáronse as posibilidades que se abren no concello do Porriño para localizar novo chan industrial para a radicación de empresas, xunto a posibilidade da creación dunha gardería.

Todos estiveron dacordo en que no Porriño pódense atropar espazos acaídos para urbanizar e acoller sectores que proporcionen servizos a toda a comarca viguesa, o cal farase realidade en moi pouco tempo.

Como sinala a alcaldesa, na mesma xuntanza “estudamos a posibilidade de habilitar un espazo no inmoble do Centro de Iniciativa Empresarial (CIE) de A Granxa, propiedade de Zona Franca, para abrir no mesmo a gardería, tan demandada polos traballadores e empresas radicadas no polígono”.

Eva García de la Torre subliña que o delegado de Zona Franca amosou o “seu interese e sensibilidade” para que esta proposta poida ser unha realidade no menor tempo posible.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad