Redacción 13/12/2018

A plataforma galega para a valoración da condición física saudable  dos escolares -DAFIS- foi a encargada de recoller os datos de 109 centros educativos

A Secretaria Xeral para o Deporte valora esta ferramenta pedagóxica e salienta que o 60% dos escolares teñen niveis de condición física aceptable

 

 

No día de hoxe, o director da cátedra  SXD Galicia Activa, Dr.  Eliseo Iglesias presentou á Secretaria  Xeral para ou Deporte, Dna. Marta Míguez  Telle os primeiros datos de condición  física relacionada coa saúde rexistrados en escolares galegos mediante a plataforma  DAFIS.

Esta plataforma de utilidade pedagóxica utilizada nos centros escolares públicos galegos adscritos ao Plan  Proxecta da Consellería de Educación,  Universidade e Formación Profesional, permite a avaliación da condición física saudable no desenvolvemento da propia materia de Educación Física. Así mesmo, demóstrase a potencialidade da Plataforma galega para a valoración da condición física saudable, no seguimento dos plans de vida activa implantados nestes centros educativos escolares.

Os datos recolleitos en máis de 109 centros ao longo destes 5 anos mostran unha distribución por sexos moi similar á reportada polo Instituto  Galego de Estatística para a poboación escolar galega matriculada en centros públicos.

En canto aos datos obtidos, a análise do Índice de Masa Corporal -IMC- reflicte unha prevalencia de escolares en niveis de sobrepeso ou obesidade de en torno ao 38%, o que se axustaría aos resultados epidemiolóxicos publicados por outros organismos.

Finalmente, en torno ao 60% dos escolares mostraron uns niveis de condición física moderado, alto ou moi alto. No caso concreto da condición  cardiorrespiratoria, na maioría dos grupos de idade constátase que máis do 50% da mostra superaba o punto de corte identificado na literatura científica como  estimador de risco de enfermidade cardiovascular.

Globalmente, constátase a utilidade de DAFIS como instrumento pedagóxico e eficiente desde a perspectiva do seguimento dos niveis de condición física relacionada coa saúde na poboación escolar galega.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad