Este espectáculo infantil terá lugar este venres pola tarde no Auditorio Reveriano Soutullo
A sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo acollerá este venres, día 14 de decembro, ás 17:30 horas, a actividade infantil “Comerá o bebé?” a cargo de Cris de Caldas e Xabi do Camiño.
Este contacontos interactivo está especialmente dirixido aos máis cativos, de 0 a 6 anos, no que se combinan os contos e a música en directo.
Por mor de que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deben facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas
Esta actividade está enmarcada dentro das actividades programadas do proxecto APEGO, desenvolvido desde a concellería de Cultura e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, coa finalidade de fomentar o vínculo das familias co galego.
Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.