Redacción 05/12/2018

Parte do alumnado recibiu onte a mañá no Pavillón Óscar Pereiro a visita da alcaldesa, Nidia Arévalo, e da concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, visitaron onte á mañá aos maiores usuarios do curso 2018-2019 do programa “Exercítate” con motivo da proximidade do Nadal e do remate do seu primeiro trimestre. Rexedora local e edil de Participación Cidadá fixéronlles entrega das camisetas oficiais do programa, para que poidan facer deporte equipados.

O proxecto  “Exercítate” está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental mediante actividades lúdico-deportivas.

O devandito programa conta con clases de natación e ximnasia no Pavillón Óscar Pereiro e este curso asisten ás mesmas un total de 107 persoas.

Sobre este programa as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, declararon hoxe que“a actividade física é moi beneficiosa para a saúde, sobre todo practicándoa con regularidade, e con ela preténdese conseguir o mantemento da independencia funcional dos beneficiarios/as necesaria para o desenrolo das actividades de vida diaria básicas. Axuda tamén a previr enfermidades crónico-dexenerativas e a aparición dunha serie de limitacións que aínda que non constitúan secuelas dunha enfermidade impiden ou limitan a realización de moitas actividades. Do mesmo modo a actividade mental aporta incontables beneficios para a terceira idade, fomenta o envellecemento activo, retrasa a situación de dependencia e mellora a autoestima”.

Con todo isto, o proxecto “Exercítate” proporciona ás persoas maiores uns efectos beneficiosos, tanto preventivos que axudan a previr o envellecemento do cerebro e con el as enfermidades que teñen que ver coa perda da memoria (demencia, alzheimer, etc.), como de mantemento, rehabilitadores, psicolóxicos en canto desenvolve un espírito de superación importante que inflúe en todos os ámbitos de vida cotiás, á vez que axuda a combater o estrés, a ansiedade e a depresión e distrae e evade das preocupacións; e sociais, posto que favorece o traballo en equipo e desenvolve o espírito de compañeirismo.

O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal, buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as relacións sociais, facer as  actividades máis amenas, etc.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad