Redacción 05/12/2018

Será na Praza Antonio Palacios e estará amenizado por “As Maimiñas”

 

O Porriño apura os últimos arranxos para o acendido do alumeado de Nadal, este mércores día 5 de decembro, ás 20.30 h na Praza de Antonio Palacios; un acto que estará animada pola actuación de ‘As Maimiñas’.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, supervisou persoalmente a colocación das luces e da decoración que, subliñou, terá un custo inferior ao do ano pasado,“chegará a todas as parroquias” e, por primeira vez, tamén á zona da oficina de Correos ao redor das rúas Enrique Peinador, O Pinar e Cruceiro.

García de la Torre deu especial importancia ao “intenso” programa de actos e actividades de lecer, “especialmente para as pequenas e pequenos”, deseñado polo Concello este Nadal e que, lembrou, abranguen exposicións, festivais, música, teatro, obradoiros, os anunciados Campamentos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, amais do da “xa tradicional e propia do Porriño, Festa Pre-Fin de Ano”, a Cabalgata de Reis, a visita de Papa Noel o novo Concurso de Rondallas e, por suposto, a Cabalgata de Reis.

A estas actividades súmanse outras para todos os públicos coma o Festival de Panxoliñas -o día 15-, o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música -o día 20-, o Concerto de Jazz -os día 21 e 22-, a Gala Benéfica da Asociación Bastón -o día 22 no Centro Cultural Municipal-, o Flashmob e exhibición de baile Studio 57 -o domingo 23- ou o Concerto da Orquestra de Cámara Galega -o 6 de xaneiro-.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad