Redacción 04/12/2018

Campamentos de conciliación, tren “chu-chu” gratuito o 24 de decembro, obradoiros ou música, pero sobre todo, maxia e ilusión en Nadal

 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar a súa programación para Nadal, unha programación que ten como eixo central aos mais cativos da casa, pero sen olvidarse dos non tan nenos.

A partires do día 5 de decembro todos aqueles que se queiran achegar a Salvaterra poderán desfrutar, na Praza do Concello, dunha decoración moi especial, realizada en colaboración entre o Concello e o alumnado de Carpintería do IES Salvaterra, que busca dar un toque de color a este Nadal.

Este ano reforzase o programa de Conciliación, con ese campamento de Nadal que  vai do 24 de decembro ao 4 de xaneiro e con horario escolar, de 9.00 a 14.00 h.

Como todos os anos ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de adultos, un de coroas de Nadal e outro de Adornos.

A partires do venres 14 arrancan os Festivais de Nadal, organizados polas entidades culturais como Pontenova, Lacedurium, Banda de Música, Parroquia de San Lorenzo e Coral Cantemos.

Cine, música, deporte, actividades infantís,  papanoelada moteira, baile ou o Coliño Bailongo, teñen un espacio moi especial nesta programación, pero como todos os anos o plato forte é a chegada de Papa Noël polo río Miño, e por outro lado, a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.

O día 24 de decembro Papa Noel chegará polo Río Miño ao embarcadoiro de Salvaterra, alí será recollido polo Tren “Chu -Chu” e fará un percorrido polas rúas do centro, rematando na praza do Concello, onde recibirá a todos os nen@s. Durante todo o día, 24 de decembro, o tren percorrerá as rúas da vila de forma gratuíta, para que todos aqueles que queiran, veñan a acompañarnos no horario de 10.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.00 h.

O día 5 as Súas Maxestades  chegarán a Salvaterra a partires das 16.00 h dende a Ponte Internacional, e recibirán aos máis cativos na Praza do Concello.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad