Os 1.100 comensais que acompañaron á candidata local e alcaldesa Nidia Arévalo gozaron tamén da compaña do presidente do PP de G e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e 1.100 comensais arrouparon hoxe á alcaldesa e candidata á Alcaldía mosense para maio de 2019 polo Partido Popular, Nidia Arévalo, no xantar de Nadal que se celebrou no Pavillón Óscar Pereiro.
Cada edición deste entrañable encontro navideño, que normalmente consiste nunha cea, reúne a centos de militantes e simpatizantes do PP, pero esta é a primeira vez que se alcanza, e incluso se supera, o milleiro de asistentes.
Arévalo e o presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, agradeceron a tódolos asistentes a este xantar de Nadal, o esforzo e a colaboración realizados para participar; así como a súa agradable compaña durante a comida.
Durante a súa intervención, a rexidora local mosense destacou “a miña bandeira é o meu principal obxectivo e a defensa de Mos por riba de todo, a entrega total a Mos, por iso aquí estarei cada segundo defendendo ós meus veciños”. Nidia Arévalo declarou “me presento ás vindeiras eleccións con máis ilusión que nunca porque teño o sentimento de haber cumprido cos veciños e ás veciñas, pero coas mesmas ou máis ganas de seguir traballando para lograr levar a Mos ao máis alto”.