Redacción 01/12/2018

A programación de Nadal abrangue diferentes actividades e propostas dende o 1 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019

 

O Concello do Porriño leva adiante un completo programa de Nadal que abrangue dende ‘Animación na rúa’, concertos, actividades para cativos, Flashmob, a tradicional ‘Pre-Festa Fin de Ano’ ou a Cabalgata de Reis.

Este ano, ademais haberá novas propostas, coma a 1ª Xornada pola Integración da Discapacidade (o domingo día 2 de decembro, no Pavillón Municipal de Deportes); a celebración, o luns, día 3, do Día Internacional da Integración das Persoas con Diversidade Funcional; o 1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño, o 1 de xaneiro, no Pavillón de Deportes; ou o Concerto da Orquestra de Cámara de Galicia, o 6 de xaneiro.

Xunto con estas novidades estarán as tradicionais, coma o ‘Acendido das luces de Nadal’, o vindeiro mércores día 5 de decembro ás 20.30 h na Praza Arquitecto Antonio Palacios; o ‘Festival de Panxoliñas’, o venres día 14; a Visita de Papá Noel a San Benito e San Sebastián, o día 21; o Concerto dos Bolechas, o día 22 deste mes; a Festa ‘Pre Fin de Ano’, o domingo día 30; ou a Cabalgata das S. M. Melchor, Gaspar e Baltasar,o día 5 de xaneiro dende as 18.00 h.

A estas propostas súmanse as da Biblioteca Municipal, que depende directamente da Alcaldía, que abranguen Club de Lectura para Adultos, Conta-Contos e Teatro de Monicreques, entre os días 3 e 27 de decembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad