Redacción 30/11/2018

A Unión Deportiva Mos celebrará a II Festa dos Callos en Sanguiñeda o vindeiro domingo 2 de decembro

 

A segunda Festa dos Callos de Mos, organizada pola Unión Deportiva Mos, presentouse esta mañá no Concello, coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; tenente alcalde mosense, Alberto Méndez; a concelleira de cultura, Sara Cebreiro; o presidente da Unión Deportiva Mos e responsable de operacións da Festa dos Callos, Pablo Alonso Serodio; outros representantes da directiva da U.D. Mos e representantes de Coren -entre os que se atopaban o xefe unidade de negocio – Grupo Coren, Fernando Córdoba  e mestre chef do grupo, Alejandro Alonso-. 

A fábrica do Grupo Coren atópase na veciña localidade do Porriño e un importante número de traballadores/as da mesma son mosenses, por iso dende a Unión Deportiva Mos decidiuse o ano pasado implantar esta celebración gastronómica neste municipio.

Esta homenaxe culinaria a un prato moi invernal e tradicional da cultura galega en xeral e da comarca da Louriña en particular celébrarase o próximo domingo 2 de decembro na Avenida de Sanguiñeda, nas inmediacións da Discoteca Queen, onde haberá instalada unha gran carpa.

Dende a organización da festa esperan que, tras este segundo ano de celebración, perdure moitas máis edicións para o que tentarán seguir mellorando ano tras ano.

Nesta ocasión cociñaranse 5.000 racións, e estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. O prezo da ración para levar para a casa será de 5 euros e para tomar in situ 7 euros, incluíndo pan, viñobranco de Arantei e cunca e prato de agasallo.

A celebración contará con animación musical o 2 de decembro ao longo de todo o día, a cargo de Single Radio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad