Salvaterra de Miño comeza cos preparativos do Nadal coa presentación do Campamento de Conciliación familiar e a Campaña Solidaria
Este ano o Concello de Salvaterra de Miño comeza xa cos preparativos do Nadal, como a iluminación que encenderá a partires do 1 de decembro, unha programación ampla e variada enfocada aos cativos e unha sorpresa moi pero que moi especial para eles, que se fará en colaboración co alumnado de Carpintería do IES Salvaterra, e se incorporará á decoración da Praza do Concello a partires do día 5 de decembro.
O programa de actos enviarase a principio de decembro a cada casa, e xira en torno á conciliación, coa presentación do CAMPAMENTO DE NADAL , unha axuda para os pais e nais do municipio que traballan durante a época de vacacións navideñas. O prazo para inscribirse será do 5 ao 17 de decembro para os nenos de 3 a 12 anos.
Tamén se abre a partires da semana que ven as inscricións para os cursos de adultos de Adornos e Coroas de Nadal.
Ademáis xa foi difundida en Centros escolares a Campaña Solidaria de Nadal centrada na recollida de produtos de limpeza, hixiene e aseo. Ao longo do ano, o Departamento de Servicios Sociais atende a máis de 200 persoas, entre as que se encontran un número elevado de menores, aos cales se presta unha especial atención. Dende a súa creación, no ano 2009, o programa de Alimentos Municipal leva repartido mais de 130.000 kg de comida e produtos de hixiene, coa entrega mensual de alimentos de primeira necesidade e produtos de aseo, a todas aquelas familias que están pasando por unha situación complicada.
O resto das actividades de Nadal será presentada nos próximos días, cunha programación deportiva e cultural enfocada a todos os gustos e idades, pero onde os reis son os nenos e nenas.