
Estas obras darán solución a un problema histórico da rede de saneamento entre o Paseo Matutino e Rosalía de Castro
O goberno de Ponteareas pide a colaboración da veciñanza que nestes días convive coas obras no cruce do Paseo Matutino coa Avenida de Galicia. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, adiantan que comezaron as obras de saneamento do tramo entre a Avda de Galicia e Rosalía de Castro motivo polo que non se procede á apertura do Paseo Matutino.
“Nestes intres xa se están a executar as obras na Avda de Galicia entre o entronque co Paseo Matutino e Rosalía de Castro. Para garantir o desagüe e a pendente necesaria que precisa a tubaxe comezaranse as obras dende o cruce con Rosalía ata o cruce con Paseo Matutino motivo polo que a pesar de que as obras no Paseo estean rematadas non se proceda a súa apertura. “Primeiro hai que solucionar o problema de saneamento no cruce das dúas rúas, zona que quedará con plataforma única entre Paseo matutino e Rogelio Groba, coordínanse así as actuacións para non ter que romper de novo a”, explica Represas.
Facendo que o remate e o comezo destes dous proxectos teñan continuidade no tempo, evítase ter que abrir un punto que acaba de ser reformado e así afórranse cartos e molestias continuadas á cidadanía.
Grazas a estas obras solucionase un grave problema da rede de saneamento en canto á profundidade e tamaño da tubaxe que mesmo provocaba prexuízos aos garanxes da zona. A apertura da rúa neste tramo tamén permitirá separar as augas pluviais das residuais por conexións mal realizadas no seu día sen rigor nen seguimento por parte dos anteriores gobernos.
O orzamento do proxecto de obra, realizado polo enxeñeiro municipal suma un total de 49.809,77€ .
Tendo en conta as previsións climatolóxicas as obras rematarán antes de nadal, tanto o entronque co Paseo Matutino como o de Avda de Galicia con Rosalía de Castro.