Redacción 26/11/2018

O Campo de Fútbol das Baloutas acolleu onte un partido conmemorativo no que participaron 60 mulleres

 

Onte, domingo 25de novembro, ás 11:00 h, no Campo de Fútbol das Baloutas xogouse o partido de fútbol feminino contra a violencia de xénero conmemorativo do 25N no que participaron mulleres de todas as asociacións do municipio xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, a edil de Participación Cidadá, Julia Loureiro, e o concelleiro de Coordinación de Asociacións e Educación que realizou o labor de árbitro do encontro.

Participaron un total de 60 mulleres e foi un partido moi reñido, que rematou en ronda de penaltis.

Previo ao comezo do partido fíxose lectura do manifesto conmemorativo do 25N a cargo de Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, representantes das directivas da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, AECC Mos, ASODIFISI e da rexedora local mosense, Nidia Arévalo.

Sara Cebreiro expresaba que “nunha xornada tan significativa é obrigada e necesaria unha reflexión sobre a situación da muller na sociedade actual e as accións de violencia que sobre ela se producen. Ademais de reflexionar, con este manifesto queremos homenaxear ás 44 mulleres que este ano 2018 levan morto a mas masculinas, a mans das súas parellas ou exparellas”.

Pola súa banda, a presidenta das Mulleres Rurais de Mos, María Victoria Ben Ledo,calificaba as mortes de mulleres por violencia machista como“mortes inxustas, absurdas, de mulleres inocentes. Mortes que temos que loitar para evitar con medidas que contribúan a erradicar a terrible lacra social que é a violencia machista” e destacou que “as mulleres rurais, as mulleres de Mos, somos un claro exemplo de esforzo e superación e de que logramos o que nos propomos. A poboación feminina mosense tivo, ten e terá un peso e importancia especiais no desenvolvemento cultural, deportivo, social e económico da nosa localidade; por iso hoxe alzamos a nosa voz para que se nos escoite. Para que se nos respecte, para que cese a violencia contra nós”.

Dolores Gómez, vogal de AECC,aseguraba que “estamos avanzando e estamos vendo cambios. Estamos no bo camiño. É importante non desviarnos e non dar nin un paso atrás para chegar ao noso obxectivo: violencia cero e cero mortes de mulleres por violencia machista”.

A presidenta de Asodifisi,Asunción Monroy Carrera, declaraba que “debemos de comprometernos todos, sen excepción, para construír unha sociedade máis xusta, máis desenvolvida, e máis igualitaria. Pero sobre todo: menos violenta e menos sexista”.

E por último, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, concluía o manifesto declarando que “con este partido pretendemos transmitirlles a tódalas mulleres mosenses a idea, ou a realidade, de que poden facer e conseguir o que se propoñan. A todas as veciñas de Mos pídolles que se mentalicen desta realidade que lles dará forza para lograr as súas aspiracións e os seus soños. Aspiracións e soños que ningún home violento debe truncar. Debemos traballar con máis forza e continuar a apostar forte polas campañas de prevención da violencia de xénero así como de protección, apoio e seguemento das mulleres maltratadas e das súas familias”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad