Redacción 23/11/2018

A alcaldesa de Mos xustifica as pretensións da convocatoria desta tarde aseguran que non entende o obxectivo último da mobilización

 

“Ante a manifestación convocada hoxe ás 20.00 h, pola Comunidade de Montes de Tameiga, a alcaldesa de Mos desexa manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, o seu profundo respecto aos manifestantes, segura de que a de hoxe será unha mobilización pacíficae democrática.

A alcaldesa de Mos apela, unha vez máis, ao consenso neste proxecto crucial e histórico para a economía de Mos. O Centro deportivo e do ocio do Real Club Celta situará a este municipio no progreso.

O proxecto tamén mellorará a rede das augas de Mos. Na parroquia de Pereiras xa se está a traballar nun estudo xeotécnico que mellorará e garantirá a auga de por vida nesta zona. Respecto a Monte-Baixiña (Tameiga), onde están afectadas 76 vivendas, os técnicos están pendentes de que os veciños lles deixen entrar na zona para poder iniciar o estudo. Existe, ademais, un compromiso por parte do Celta, de que incluso se mellorarán as captacións que non estean afectadas polo proxecto.

Reitera que o Centro deportivo e de ocio do RC Celta inclúe un plan para o monte con 36 hectáreas reforestadas con especies autóctonas.

Como rexedora deste municipio, insiste tamén en que o proxecto é legal e transparente e reitera o seu compromiso de ser a primeira valedora e garante deste proceso. Encargarase persoalmente de que os pasos que se dean sexan bos e xustos para todas as partes, tal e como se está a facer na parroquia de Pereiras.

Insiste tamén no seu compromiso de dialogar coas partes e clarexar, as veces que sexa necesario, as dúbidasque poidan xurdir sobre os beneficios deste proxecto ilusionante para Mos e os seus veciños.

Quere deixar constancia, tamén, da importancia de que, por primeira vez, Mos sexa o beneficiario directo dun proxecto desta envergadura, logo de ser en moitas ocasións un municipio ao servizo do Concello de Vigo.

A alcaldesa seguirá a traballar cada día na defensa dos intereses de Mos e os mosenses. Por este motivo, a rexedora, aínda que a respeta, non entende o obxectivo último da mobilización convocada para hoxe”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad