Redacción 22/11/2018

Representantes da Comunidade de Montes e das Traídas de Augas expoñen motivos dabondo para non seguir adiante co proxecto e invitan a concentración este venres ás 20.00 h

 

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, e dende as distintas captacións de traídas de auga da parroquia de Tameiga, convocan a unha concentración diante da porta do Concello de Mos este venres día 23, as 20:00 h.

Os motivos están ben resumidos, opóñense totalmente a  expropiación de 815.000 m2 de terreo na parroquia de Tameiga.

Afirman que o proxecto da zona comercial obedece a unha operación urbanística, “Mouriño quere mercar os terreos para poder vendelos despois. Xa intentou facer o mesmo  con Balaídos, pero topou con Abel Caballero”. Neste motivo céntrase a oposición que están a facer, “non ten que ver co deportivo”.

Para avaliar o grao do dano “solicitamos que fixesen estudos hídricos da zona, e estamos agardando a súa resposta”, xa que “descoñecemos o alcance do dao que faría tanto na calidade da auga, na depuración ou no alcantarillado” ó non contar con estructura suficiente para tal magnitude.

Hai que facerlles ver que isto é “un disparate, un roubo e un atropelo a todos os veciños da zona”. “Iso non pode chegar adiante, non poder ser, é un proxecto que xa naceu morto”.

 Indican nesta rolda de prensa que en realidade “non teñen proxecto para o Centro Comercial, xa que sempre nos presentan a zona deportiva; entendemos que debe custar cartos e non se arriscarán ata ter os terreos”.

Por todo isto, a comunidade de montes mais as traídas de augas, convidan a toda a veciñanza a mostrar este venres o seu desacordo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad