Redacción 19/11/2018

Algúns dos 15 cativos mosenses situáronse entre os mellores xadrecistas galegos e incluso españois

 

O pasado xoves 15 de novembro, chegaba ao seu fin o Campionato do Mundo de Xadrez Cadete celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, tras dúas semáns cargadas de experiencias inesquecibles, emocións, amizades e de moito xadrez de moi alto nivel”, tal e como narraban dende o propio Club Xadrez Mos.

Os 15 mozos e mozas do Club Xadrez Mos participantes loitaron no taboleiro dende o primeiro día ata o último, logrando uns resultados moi positivos, e mostrando unha evolución no seu xogo día tras día continuando a súa progresión como xogadores e xogadoras.

Deste xeito, varios deles lograron situarse entre os mellores de Galicia e de España. Na Categoría Sub-8 Feminino, Maia Pérez Sousa finalizou a competición con 5 puntos dos 11 posibles; 60 clasificada do mundo; mellor xogadora Galega na competición; e terceira da delegación española. Espectacular Maia, a pesar de ser o seu primeiro ano nesta categoría Sub-8.

Na Categoría Sub-8 Open, Saúl Costas Senlle finalizou con 2 dos 11 puntos posibles. Martín Rodriguez Velasco con 3 dos 11 puntos posibles; e Javier do Val Crespo con 4.5 dos 11 puntos posibles.

Na categoría Sub-10 Feminino boa actuación de Noa Costas Senlle, que finalizou con 4.5 puntos dos 11 posibles. Titánica Carmen Gallardo García, finalizando a competición con 6 puntos dos 11 posibles; 49 do mundo; mellor xogadora Galega; e segunda da expedición española.

Na Categoría Sub-10 Open finalizaron a competición con 3 dos 11 puntos posibles Mario Bastos Gonzalez e Pablo Dominguez Escudeiro. Destacada a actuación de Alexandre Rodríguez Vieito, finalizando con 5 dos 11 puntos posibles, cuarto mellor xogador Galego nesta categoría.

Na Categoría Sub-12 Feminino, Alicia Rodríguez Velasco finalizou con 1 dos 11 puntos posibles, nunha categoría cun nivel moi elevado. Gran entrega a mostrada por Alicia ao longo do torneo, e máis que merecido punto que finalmente chegou na última rolda.

Na Categoría Sub-12 Open Marcos Lemos Crespo finalizou a competición con 3 dos 11 puntos posibles. Óscar Fernandez Sanjuán con 3.5 puntos. Xabier Pérez Sousa con 4 puntos. Gran actuación de Carlos Martínez Crespo, finalizando a competición con 5.5 puntos; 15 mellor representante da delegación española; e segundo entre os xogadores galegos.

E a guinda púxoa o máis pequeño do Club Xadrez Mos, Carlos Pérez Mendez, con tan só 5 anos, finalizou con 2.5 puntos de 11, en categoría Sub-8.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad