Redacción 18/11/2018

A humidade faina moi esvaradiza e os usuarios vense obrigados a facer equilibrios para non sufrir un accidente

O BNG leva anos reclamando unha solución e o goberno do PP non adoptou ningunha medida

 

Os usuarios do paseo do río Louro vense obrigados a facer equilibrios para non sufrir un accidente cando cruzan a ponte de madeira do parque da Pesqueira, na parroquia de Mos. O BNG leva anos denunciando a situación e o Goberno do PP é incapaz de atopar unha solución e garantir a seguridade de todas as persoas que cada día pasan polo lugar.

A superficie da ponte é moi esvaradiza cando hai humidade, e cando a madeira está mollada os usuarios teñen que agarrarse como poden ás varandas para non caer. A ben seguro que hai empresas agardando por unha chamada para solucionar o problema, pero de momento nada se fixo dende o Concello.

Logo de gastar en novas instalacións e saír na prensa anunciando obras que non comezan, o Goberno do PP volveu amosar a súa incompetencia para solucionar os problemas reais da veciñanza. O grupo municipal do BNG reclama que se tome en serio o mantemento de todos os bens do Concello, que se pense menos nas eleccións e máis no día a día das persoas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad