Redacción 17/11/2018

Trátase dun espazo de 6.000 m2 preto da Praza da devesa que fará o número 14 dos que se atopan esparcidos pola vila

 

 

O Concello de Salceda de Caselas está a rematar a adecuación dunha nova zona de aparcamento no entorno da Praza da Devesa. O novo espazo, que suma máis de 6.000 m2 e supón a creación de 200 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estará dispoñible para ser usado nas vindeiras semanas.

Estes proxectos lévanse a cabo grazas á colaboración dos propietarios e propietarias dos terreos que, en diálogo constante coa Alcaldía e coas Concellerías de Tráfico e Vías e Obras, ceden o uso dos mesmos de xeito totalmente altruísta para a creación de novas prazas de aparcamento públicas.

Con este son xa 14 os aparcamentos esparcidos por todo o núcleo urbán en zonas comerciais e administrativas. Estas áreas resultan fundamentais para a axilización do tráfico e para seguir a conseguir unha maior calidade de vida na vila. Esta nova actuación responde ao previsto no Plan de mobilidade sustentable de Salceda, na procura de permitir o estacionamento práctico, cómodo e gratuito para os espazos recuperados no centro da vila.

Miguel González, Concelleiro de Vías e obras: “seguimos a ordenar un casco urbano castigado durante anos pola construción descontrolada e as rúas estreitas. Damos un paso máis no noso obxectivo de conseguir unha vila sen atrancos nin restricións”. 

Loli Castiñeira, alcaldesa accidental de Salceda: “a colaboración da veciñanza resulta fundamental para seguir a poñer estes espazos a disposición de salcedenses e visitantes. Seguimos a mellorar a calidade de vida en Salceda, sen esquecernos en ningún momento da potenciación do comercio que se consegue con accións deste tipo”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad