
Traballo de Cristóbal López Pazo consistente en vídeoreportaxes/entrevistas dos veciñ@s sobre a súa oposición ao Macro Centro Comercial
A memoria dun pobo.
“Un pobo que non coñece a súa historia é un pobo feble, un pobo domesticado por iso imos lembrar da mán dalgún dos seus protagonistas os sucedido hai case trinta anos, como as veciñas e veciños se enfrentaron á avaricia e ambición que queria usurparlles o monte veciñal e como grazas a súa loita agora todas e todos os veciños podemos disfrutar deste ben común”. https://youtu.be/srMPe2dWLpQ
O monte é ar e auga. O monte é vida.
“Empérranse en pórlle prezo ao monte. Non entenden que para nós é imposible, como poñerlle prezo a nosa propia vida, non entenden que o futuro dos nosos fill@s non está en venta. Para a avaricia e a ambición todo se pode mercar todo é cuestión de diñeiro pero, desta vez, déronse de bruces coa dignidade dos veciñ@s”. https://youtu.be/mjQoVafkffk
Unha comunidade unida
“Os veciñ@s están unidos contra este disparate do Partido Popular. Expresaron o seu rexeitamento unánime nas asembleas das súas respectivas comunidades e volverán a demostralo o venres 23 na Praza do Concello. Non ao Macro Centro Comercial”. https://youtu.be/Md8xKV7nbgo