Redacción 17/11/2018

Facilitarán a entrada de balde ás competicións nas que participen aos veciñ@s con grao de discapacidade a partir do 33% por medio do “Carné Municipal de deporte Especial”

 

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e os responsábeis do Atletismo Porriño, Club Porriño de Baloncesto, Balonmano Porriño, Porriño Industrial, los clubs de fútbol de Mosende, Atios y Pontellas, o Club Ciclista avanza, Patín Porriño, Ximnasia Rítmica Porriño, o Club Baloncesto en Cadeira de Rodas do Porriño e Club Furaventos, veñen de asinar un convenio polo cal os mesmos comprométense a facilitar o acceso de balde a todas as actividades deportivas que estes clubs realicen nas instalacións municipais, a persoas con diversidade funcional.

Manuel Carrera salientou o “xa coñecido interese e traballo que dende o Concello para impulsar a integración na actividade deportiva das persoas con capacidades diversas, como amosamos en cada unha das iniciativas postas en marcha dende o Goberno local”.

Dacordo con este convenio a Concellería de Deportes creará o ‘Carné Municipal de Deporte Especial’, que dará dereito ás persoas con diversidade funcional, nun grao recoñecido igual ou superior ao 33%, titulares do mesmo, a entrar a todos os eventos deportivos organizados polo Concello ou polos clubs que forman parte do Programa Municipal de Axuda Deportiva.

As persoas con diversidade funcional que queiran solicitar este carné- que abrangue, tamén a modalidade de persoas con acompañante- deben de presentar un formulario, acreditar un grao de diversidade física, mental, intelectual ou sensorial igual ou superior ao 33%, ter recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e aos pensionistas que teñan unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, e estar empadroado no Concello do Porriño.

Estes trámites poden facerse no Centro Deportivo Municipal o nas Oficinas do Rexistro do Concello, ou doutros xeitos establecidos pola lei. Non haberá un prazo determinado, polo cal o carné pode solicitarse en calquera momento e o mesmo pode recollerse, logo do seu trámite, no centro Polideportivo Municipal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad