Será ao longo deste sábado 17 no supermercado Gadis de As Angustias, Sanguiñeda
A campaña municipal de concienciación sobre as colonias de gatos abandoados continúa coseu labor de recollida de alimentos cunha xornada de doazón no supermercado Gadis, sito en As Angustias, Sanguiñeda, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de novembro. A entidade ‘Gatiños de Mos’ fará arecollida de alimentos para os animais das colonias do municipio ao longo de todo o día.
A recollida realizarase ininterrumpidamente ata o peche do devandito supermercado, onde os interesados en doar alimento para gatos poderán depositar a súa contribución.
Ademais de colaborar con aportacións de alimento, quen así o desexe poderá apoiar esta campaña doutros xeitos tales coma: facéndose fogar de acollida, adoptando un gatiño e/ou colaborando como voluntarios/as.
No punto de recollida de alimentos establecido para o sábado no Gadistamén se pode depositar para a súa doazón calquera outro produto para o coidado dos felinos (tales coma pipetas, etc.).
Esta campaña conta coa inestimable colaboración e participación de protectoras e voluntarios, sen os cales non tería sido posible poñer en marcha esta campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa baixo o lema ‘Ti decides, esteriliza’.
Os obxectivos desta campaña son a recollida de alimentos e produtos de coidado, a esterilización, adopción e acollida temporal dos gatos das colonias existentes en Mos.
A iniciativa inclúe tamén unha parte de sensibilización mediante o reparto de dípticos informativos. A campaña de esterilización está a ser realizada por parte do Concello.
Esta campaña consiste fundamentalmente en tratar de concienciar á cidadanía sobre as colonias de gatos abandoados e da necesidade de esterilizalos e alimentalos para que vivan nunhas condicións óptimas e salubres e para ter as colonias controladas, sen que aumente o número de membros nin se formen outras novas.