Redacción 15/11/2018

CANCELADO. Gastronomía, Cultura, Música e moito dun encanto especial fan que esta festa sexa única

O Concello de Salvaterra de Miño presenta un ano máis a súa programación para a quinta edición da Festa do Viño Espumoso; unha festa singular cun encanto especial que da a benvida as festas do Nadal, e que se celebrará o 1 e 2 de decembro.

Este ano a V Festa di Viño Espumoso conta con dúas novidades, por un lado coa realización da Master Class de elaboración de espumosos dirixido a enólogos e adegueiros, que estará impartido dor D. Jaume Gramona –Diplome National Oenologie de Dijón Francia-, Profesor de viticultura e enoloxía da Universidade de Rovira e Virgili Vinos espumosos e se se dividirá en dúas partes impartidas o sábado entre a mañan e a tarde.

Por outra banda, ademais da música e da apertura de botellas de espumoso con degüelle a sable, os asistentes tamén poderán desfrutar dun Show Coffee moi especial, con espumoso, da man do Barista Sebas e Cafés do Noso.

O Domingo nomeamento de novos cobrades, brindis, música e curso de iniciación ao mundo dos espumoso. Esperámoste!!!

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad