Redacción 12/11/2018

200 persoas congregáronse o sábado para celebrar a primeira década de vida da entidade que xestiona o edificio máis emblemático do municipio

 

O Pazo de Mos acolleu esta fin de semana o acto conmemorativo do décimo aniversario da súa restauración no que estiveron presentes o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o deputado pronvincial, Sántos Héctor; o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial; e demais membros do goberno local, da directiva da Fundación Pazo de Mos e da Comunidade de Montes de Mos, e membros da Xunta Durectiva de AGADER, -Javier Veloso, daComunidade de Montes de Randufe, e Fernando Magdalena Blanco, Secretario do GDR 14 e representante da Comunidade de Montes de Trasmañó-; entre outros moitos representantes das agrupacións integrantes do gran tecido asociativo mosense e veciñ@s particulares. En total reuníronse na tarde do sábado no Pazo de Mos unhas 200 persoas que quixeron celebrar esta primeira década de vida da Fundación que xestiona este emblemático edificio.

A Fundación Pazo de Mos consolídase como espazo para a cultura de referencia a nivel provincial no que respecta aointercambio de ideas e experiencias coas asociaciónse entidades públicas e privadas, pretendendo con elo o recoñecemento como iniciativa local.

A Fundación Pazo de Mos, de Interese Xeral Galego, celebrou o seu décimo ano de vida reunindo a todas as partes -veciñanza, asociacións e institucións- que fixeron posible estes dez anos de éxitos. No evento fíxose un repaso á traxectoria da Fundación a través dun vídeo.

O presidente da Fundación, Antonio Rial, destacou na súa intervención que “a de hoxe é unha xornada de celebración do que levamos conseguido, da unión a través da posta en valor do patrimonio e a cultura” e puntualizou que “sen a colaboración de todas as entidades, tanto locais coma provinciais e autonómicas, non podería ter sido percorrido este camiño de dez anos de historia”. 

Pola súa banda a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, salientou “o valor histórico do Pazo de Mos e a súa importancia como insignia de identidade cultural do municipio”. Declarouse especialmente “emocionada como alcaldesa e como veciña da parroquia” e trasladoulles ós presentes o seu “orgullo, emoción, satisfacción e gratitude polo inmenso traballo que houbo e que hai detrás, primeiro da rehabilitación, e agora do mantemento e actividade do noso Pazo de Mos, que é centro de reunión e celebración de infinidade de cursos, exposicións, encontros, eventos sociais, culturais e musicais…etc. En definitiva, é o noso emblema”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad