Será o domingo 9 de decembro no auditorio do Centro Dotacional de Torroso e as entradas xa están a venta
Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que xa están á venta as entradas para o novo concerto musical que se celebrará en Mos enmarcado na programación de “Ocio en Familia”.
Trátase do tributo musical titulado “El Rey León: De Simba a Kiara”, da man da Compañía Onbeat. É un incrible espectáculo que reúne todas as características ideais para que tanto maiores coma pequenos compartan un rato especial entre música e voces en directo, coreografías e escenificacións magníficas que farán aos espectadores introducirse hasta o máis profundo da sabana, dende a filosofía de vida “vive e sé feliz”. Ademais dá a posibilidade de gozar coa súa maxia e os seus personaxes máis emblemáticos das tres películas de “El Rey León”, grazas á caracterización e o vestiario.
Este musical terá lugar o domingo 9 de decembro ás 18.00 horas no Centro Dotacional de Torroso, e as entradas, cun custe de 12 euros, xa se poden adquirir no Centro Dotacional de Torroso, no Kiosco Sendín en Vigo e na web www.woutick.es