Redacción 08/11/2018

A concesión é por un período de 6 anos nun centro social que conta con gran actividade

 

O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa.

A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de 6 anos e as persoas interesadas teñen de prazo ata o 22 de novembro para presentar as súas ofertas.

O Centro Social da Devesa, ubicado na rúa Vigo, acolle diversas actividades de ocio ao longo de todo ano (coro, teatro, zumba, ioga, guitarra…), ademáis de iniciativas de índole social, como o Programa de Respiro Familiar para os enferm@s de Alzheimer. Así mesmo, serve de sede para asociacións sociais como a de Mulleres Rurais ou a de Xubilados e Pensionistas.

Toda esta actividade garante unha presenza contínua de usuari@s no edificio, polo que o servizo de cafetería do mesmo resulta de gran importancia, e así o levan demandado diversos colectivos. A isto hai que sumar a humanización de toda a zona aprobada xa para o 2019, que sen dúbida contribuirá á dinamización do centro social e, polo tanto, tamén da cafetería.

Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social: “Con este proceso solucionamos a demanda prantexada por varios colectivos que pedían contar con este servizo no edificio, e por outra banda estamos dando unha oportunidade de traballo no pobo, que estamos seguros non vai ser desaproveitada”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad