O grupo da oposición apunta que se o PP “volve a facer unha RPT para enchufar ou promocionar aos seus, volveromos a ir á xustiza e volveremos a impugnala”
Dende GañaMos, respecto da RPT “Queremos lanzar unha mensaxe clara para o Partido Popular: se volven a facer unha nova Relación de Postos de Traballo para enchufar aos seus, volveremos a impugnala. Non imos consentir que convertan máis aínda o concello no seu chiringuito con coste a cargo da veciñanza.
A Xustiza xa nos deu a razón na anterior RPT, ao declarala nula por crear postos de traballo inxustificados e otorgar complementos salariais arbitrariamente.
Parécenos increíble que despois da dura sentencia ditada pola xustiza contra o enchufismo do Partido Popular, -na que textualmente a xuiza acúsalles de actuar con arbitrariedade, con discriminación e inxustiza- o goberno municipal do PP, para disimular o seu enésimo desastre, diga que a impugnación da RPT foi un capricho de GañaMós sin respaldo dos traballadores ou dos sindicatos.
Non foi un capricho se non unha necesidade de empezar a rexenerar e limpar as institucións e así o reflicte o ditamen da sentenza; ademais foron traballadores e representantes sindicais os que foron a testificar no xulgado en contra da RPT.
Unha vez máis o Partido Popular en vez de rectificar monta un guirigai mediático na prensa saíndo por onde pode. Primeiro que van alegar contra a sentenza, logo que van a facer outra RPT nova e despois todo xunto e rovolto. Iso sí todos estos bandazos con cargo ao erario público.
Se por algo dimos o paso adiante de meternos na política municipal foi para impedir estas prácticas corruptas.
Sabemos que o Partido Popular quere facer rehens ao resto das e dos traballadores no seu afán por colocar ou promocionar a súa xente de xeito ilícito pero tamén sabemos que a inmensa maioria non aproba estas prácticas corruptas”.