Redacción 08/11/2018

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia ao longo do día

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET, informa nos boletíns 98/71GAL e 343/71 GAL, emitidos ás 10:53 h, dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento e choiva, que afectará ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A partir das 09:00 h do día 9, se estima que poden chegar a acumularse 80 mm en 12 h -nivel laranxa- en Coruña Oeste e Suroeste, e Pontevedra, Rías Baixas e Interior.

En Pontevedra, Miño, e Coruña Interior e Noroeste tamén se esperan precipitacións intensas que acadarán nivel amarelo. Así mesmo, estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos a partir das 12.00 h, con refachos de máis de 70 km/h no interior das provincias de Lugo e Coruña, e 85 km/h nas zonas litorais destas provincias e no Centro e Montaña de Lugo -nivel amarelo-. No Noroeste de Coruña e a Mariña de Lugo se acadarán máis de 100 km/h -nivel laranxa-.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos, adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, alerten ou mobilicen ós medios e recursos dispoñibles. Ante calquera emerxencia chame ó 112.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad