Redacción 08/11/2018

O sábado 24 de novembro presentarase o plan de actividades do ano que ven e elixir Xunta Directiva entre outras cuestións

 

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, informa da convocatoria para a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A Asociación convoca deste xeito aos socios e socias á devandita Asamblea que se celebrará o sábado 24 de novembro de 2018 ás 17.30 h en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria no auditorio do Pazo de Mos.

O orde do día incluirá a memoria do presente exercizo 2017-2018, lectura e aprobación do estado de contas do mesmo, ratificación dos acordos tomados pola Xunta Directiva neste exercizo, e presentación e aprobación dos orzamentos e plan de actividades para o vindeiro exercizo 2018-2019.

Tamén incluirán nesta sesión unha Asamblea Xeral Extraordinaria co punto único da presentación de candidaturas para optar á presidencia de ASOMAMOS, así como a votación e reconto das mesmas; da que se extraerá a Xunta Directiva para os vindeiros catro anos. As candidaturas deberán ser presentadas por escrito ata o día 15 de novembro.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad