Trátase dun procedemento aberto para o cal poden presentarse ofertas ata o 23 de novembro
O Pazo de Mos saca a concurso a contratación da explotación dos servizos de bar / cafetería por un período de 2 anos prorrogables, cun procedemento de adxudicación que se realizará mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).
Os interesados na oferta deberán dirixirse a conserxería do Pazo de Mos -a persoa encargada é Vanessa Ferreira. Teléfono: 986 348001- con prazo ata o venres 23 de novembro, ás 21.00 h, onde recollerán a documentación.
O servizo da cafetería do centro coa nova concesión dará comezo o próximo mes de decembro; reabrirase se no proceso se conta con máis dunha licitación.
Ofrécese un local en funcionamento con maquinaría incluída e solicítase apoio nas actividades do albergue de peregrinos; servizo de almorzo e comidas no centro; posibilidade de catering para as reservas dos diferentes servizos de aluguer do pazo; e colaboración na programación cultural que coordinan, periódica e consolidada
Descarga as bases do concurso aquí.