Este venres día 9 voltarán coas sinaturas na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir da 19.00 h
O pasado venres o BNG do Porriño iniciou unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar unha tarifa eléctrica galega, a supresión dos suplementos territoriais que gravan a factura eléctrica e a redución do IVE que se lle aplica ao subministro eléctrico do 21% ao 4%.
“Porque é imperativo demandar cambios inmediatos na regulación eléctrica para que a electricidade sexa un servizo básico e estean cubertas as necesidades sociais e económicas dun país coma o noso, tendo en conta que a xeración eléctrica leva aparellados elevados custos sociais e medioambientais que deben sernos compensados.”
O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 19:00 h continuarán coa recollida de sinaturas na Praza do Concello.