Saneamento, sanidade, infraestruturas viarias ou benestar son o epicentro das reclamacións do grupo de oposición mosense
Este mércores, o grupo GañaMos mantiña unha reunión en Mos coas deputadas de En Marea no Parlamento Galego, para recoller as necesidades de Mos e trasladalas aos Orzamentos 2019 da Xunta, xa que nos redactados e presentados polo Partido Popular, non se recolle nin unha soa partida específica para Mos. A reunión tamén asistiron as e os compañeiros da marea EU Son Porriño.
Propostas e enmendas ao Orzamento 2019 da Xunta:
– Saneamento: Hai zonas de Mos que aínda non contan co acceso ao saneamento por iso demandamos á Xunta que contemple nos Orzamentos de 2019 unha partida de inversións a través do Consorcio do Louro para dotar deste servizo básico as e os veciños de Mos que aínda carecen de el.
– Centro Saúde: O edificio que alberga o Centro de Saúde en Mos está moi deteriorado e necesita unha remodelación urxente para dotalo dunhas instalacións modernas e adecuadas ao servizo que prestan.
– Un centro comarcal de atención sociocosanitaria nas antigas instalacións do Hospital Psiquiatrico do Rebullón: Está é unha vella demanda do grupo municipal GañaMós que ademais conta co apoio refrendado nos seus respectivos plenos de todos os Concellos da Comarca. Hai unha gran demanda veciñal dun centro público comarca que atenda as necesidades sociosanitarias das e dos nosos maiores. Que mellor instalacións para albergar este centro asistencial que ás antigas instalacións do Hospital Psiquiátrico do Rebullón que aínda están en bo estado de conservación
– Acceso directo dende a rotonda das Angustias á autovia A-55 dirección Vigo: As obras que está acometendo a Xunta para remodelar as rotondas das Angustias e Costilleta en Mos non contemplan a realización dun acceso directo á autovía A-55 dirección Vigo para os vehículos que circulan dende a rotonda das Angustias ata rotonda do Costilleta. Deste xeito se aliviaría o denso tráfico da colapsada rotonda do Costilleta, xa que nas obras proxectadas non se acomete ningunha medida deste tipo.
– Mellora da seguridade dos pasos de peóns no barrio da Florida na estrada PO-331 Porriño-Gondomar ao seu paso por Mos: Na estrada PO-331 ao seu paso pola zona residencial do barrio da Florida hai un paso de peóns do que a veciñanza da zona leva anos queixándose pola súa perigosidade. De feito as e os veciños organizáronse para recabar sinaturas apoiando a súa reclamación dunha actuación da Xunta para garantir a seguridade víal en dito paso de peonil. Ata agora tanto o Concello de Mos como a Xunta non fixeron máis que dar largas prometendo unha actuación que non chega a realizarse.