Redacción 31/10/2018

O grupo Pena do Equilibrio obtén o premio á mellor obra e o dúo porriñés Que2 tamén acadou dous galardóns

 

A concellería de Cultura do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista ven de entregar os premios da II edición das Xornadas de Teatro do Amador Ponte-Teatro.

Esta iniciativa que promociona os grupos de teatro e os seus actores e actrices permitíu ofrecer durante as fins de semana de outubro sesións de teatro a prezo reducido e agasallando ao público con premios a través de distintos sorteos.

O premio á mellor obra nesta II Mostra de teatro Ponte_Teatro, para o grupo Pena do Equilibrio.

O xurado outorgou o premio ao mellor decorado ao grupo “Petanaporta”, pola posta en escena de “Ai Carmela”.

Os galardóns para o mellor vestiario e o de mellor dirección foron para o grupo porriñés de teatro Que2 -formado por Jéssica e Damián-, que representou a obra “Cachosdesqueches”.

O mellor actor secundario foi Antonio Álvarez pola súa interpretación na obra “Véndese burra”; e a mellor actriz secundaria para María Rita Morán, pola súa interpretación de Ana na obra “Agora os vellos xa se poden namorar”.

A mellor actriz principal recaíu en Carmelinda Seoane, polo seu papel de Rudesinda na obra “Véndese burra”, do grupo de teatro de Celeiros. O mellor actor principal masculino foi para Paco Pernas, polo seu papel na obra Ai Carmela, do grupo “Petanaporta”.

A concelleira de Cultura agradece a colaboración de todos os grupos participantes e recoñece o valor destes actores e actrices afeccionados, grazas aos que se puido achegar á veciñanza, unha mostra desta arte escénica.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad