Realizáronse traballos nos equipamentos deportivos de maior uso do municipio
Nos últimos días o Concello das Neves sustituíu o alumeado do pavillón municipal e mellorou o céspede artificial do campo de fútbol municipal Pepe Capón con aportación de caucho.
No pavillón municipal as obras consistiron na sustitución e instalación de 24 novos proxectores ou focos de luz led de 141 W -protexidos con proteccións antigolpeos-, que melloran a calidade da iluminación e van conseguir un importante aforro enerxético e a seguir económico.
Este pavillón é sobre todo usado polo Clube Badmintón As Neves, que conta con xogadoras como Lucía Rodríguez que compite a nivel internacional, e tamén polo Fútbol Sala As Neves que compite en categoría autonómica sur.
En canto ao campo de fútbol municipal Pepe Capón -sede do Neves FC e da Escola de Fútbol- o Concello adquiriu 3600 kg de caucho que foi extendido coa colaboración da Deputación de Pontevedra; ao cal hai que engadir os pequenos traballos de albañilería que se están facendo tamén.
Oscar González, Concelleiro de Deportes, indica que esta labor específica de mantemento “é precisa para conseguir minimizar riscos de lesións e alongar a vida do céspede ata que se poida renovar; cuestión que non debería demorar moito tempo, xa que este ten 12 anos e sufriu moito co lume do ano 2017.